DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de cambio de uso de varias parcelas.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de maio de 2025, de acordo co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), acordou cambiar o uso de varias parcelas (denominadas no DAI-2023 como SL-EL-Ex-PAS-G09 e AI-G-01), cualificadas como dotacionais públicas pertencentes ao sistema local de espazos libres e zonas verdes e ao sistema local de infraestruturas e comunicacións desde o camiño da praia ata o límite norte do polígono da Gándara, de vías no vixente PXOM e no DAI-2023 por zonas verdes, e modificando o seu trazado, para o cumprimento do mesmo fin: dotar de accesos o polígono da Gándara desde o camiño da praia, de conformidade co que se describe no documento técnico presentado e asinado polo arquitecto Javier Rodríguez Marcos, con data do 6 de maio de 2025, en representación dos propietarios das parcelas con referencias catastrais 4958013NJ6145N, 4958007NJ6145N e 4958016NJ6145N.

Faise público este acordo consonte o previsto no artigo 82.2 da LSG. A versión anominizada do documento pódese consultar no Portal de transparencia deste concello na seguinte ligazón:

https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/categoria/normativa/urbanismo

Ou acceder directamente ao documento na seguinte ligazón:

https://run.gob.es/iylProyecto_Diligenciado

Narón, 18 de xuño de 2025

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa