No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 116, do 23 de maio de 2025, publícanse as convocatorias e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023, que a seguir se sinalan:
– Unha praza de técnico/a superior deportivo, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as superiores, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
– Unha praza de técnico/a superior informática e programación, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as superiores, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
– Unha praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as medios/as, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 3 de xuño de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social
