A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de seis prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles nas páxinas web:
http://www.fundacionprofesornovoasantos.org; http://www.inibic.es
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 19 de xuño de 2025
Patricia Rey Pérez
Directora da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica
