
En cumprimento do disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da seguinte encarga á sociedade Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos seus poderes adxudicadores dependentes delas; expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8 e 10 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no artigo 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e no disposto na demais normativa que resulta de aplicación:
Resolución do 12 de decembro de 2024, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda encargar á sociedade Tecnologías y Servicios Agrarios S.A., S.M.E., M.P., o servizo para o control da calidade da execución do proxecto de obtención de bases topográficas de 80 concellos da provincia de Ourense, cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao programa Galicia Feder 2021-2027.
• Actividade: servizo para o control de calidade da execución do proxecto de obtención de bases topográficas de 80 concellos da provincia de Ourense.
• Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a sociedade Tecnologías y Servicios Agrarios S.A., S.M.E., M.P. a consideración de medio propio instrumental e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
• Prazo de execución: 12 meses contado a partir do día seguinte ao da comunicación da encarga, sendo a data estimada de finalización o 30 de novembro de 2025.
• Modalidade de financiamento: esta encarga finánciase con cargo á partida 10.A1.571A.626.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para os anos 2024 e 2025.
|
Ano |
Feder |
FCA |
Total |
|
2024 |
12.461,17 € |
989,74 € |
13.450,91 € |
|
2025 |
137.072,87 € |
10.887,20 € |
147.960,07 € |
|
Total |
149.534,04 € |
11.876,94€ |
161.410,98 € |
A parte da encomenda relativa ás licenzas anuais software SIG/CAD/teledetección sobremesa, contorno Windows, e aos gastos xerais fináncianse con cargo aos fondos propios da Comunidade Autónoma, e o resto da encomenda está cofinanciada pola Unión Europea nun 60 % con cargo ao programa de Galicia Feder 2021-2027, polo que resulta a seguinte distribución orzamentaria segundo o tipo de financiamento:
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
