DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35410

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

BDNS (Identif.): 841548.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/841548

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda que se vai solicitar, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.

Persoa física que teña entre 18 e 40 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.

b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións.

Titular de explotación agraria vinculada á solicitude simultánea da axuda de establecemento de persoas agricultoras mozas.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

Cuarto. Contía das axudas

En función do tipo de axuda que se vai solicitar, as contías das axudas son as seguintes:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.

O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos criterios muller, explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000, explotación ecolóxica e titularidade compartida.

b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións.

O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural