DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas, no concello da Cañiza.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas, que se realizarán na Casa do Concello da Cañiza, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 6 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/047.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas.

Concello: A Cañiza.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36009A020000100000ZB

Aldeíña

Irmáns Suárez Sánchez

19 de agosto de 2025

13.00