En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o proxecto de urbanización da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee á información pública durante o prazo de trinta días hábiles.
Antecedentes:
Primeiro. A modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee foi aprobada definitivamente por Acordo do Consello da Xunta de Galicia o 14 de xullo de 2022, e publicada mediante a Resolución do 5 de agosto de 2022 no Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 18 de agosto.
Segundo. Como promotora da actuación, Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA), con data do 24 de agosto de 2023, presenta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia a documentación completa do proxecto de urbanización da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee redactada por Proyfe, S.L. para a súa tramitación.
Terceiro. Mediante a Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, formúlase o informe ambiental do proxecto de urbanización da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (DOG núm. 111, do 10 de xuño).
Cuarto. Mediante a Resolución do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, apróbase inicialmente o proxecto de urbanización da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee.
O que se fai público, de conformidade cos artigos 59 e 64 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial
Durante o prazo de información pública, as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
