O artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG), establece que o concurso específico consiste na valoración dos méritos e capacidades, coñecementos e aptitudes dos/das candidatos/as determinados en cada convocatoria e relacionados co posto de traballo que se vai prover.
Ao existiren na relación de postos de traballo (RPT) vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, a Xerencia, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril), resolve convocar concurso específico para a provisión dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta resolución.
Bases da convocatoria
Primeira. Normas xerais
Para o non recollido nesta convocatoria aplicaranse a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e o Regulamento de mobilidade do persoal funcionario de administración e servizos da USC, aprobado en Consello de Goberno o día 30 de outubro de 2020 e modificado en Consello de Goberno o día 28 de decembro de 2022 e 11 de outubro de 2023.
Segunda. Requisitos e condicións de participación
2.1. Poderá participar neste concurso o persoal funcionario de carreira que se relaciona a continuación, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos para o desempeño dos postos que se indican no anexo I, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión:
a) O persoal funcionario de carreira das escalas propias da Universidade de Santiago de Compostela.
b) Igualmente, poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos ou escalas doutras administracións públicas con destino definitivo na USC.
c) Persoal funcionario de carreira doutras universidades.
2.2. Os/as concursantes deberán posuír unha antigüidade mínima de tres (3) anos como persoal funcionario de carreira e levar un mínimo de seis (6) meses no último posto de traballo obtido por concurso.
2.3. Estará obrigado a participar no concurso, solicitando polo menos todos os postos que se oferten no campus en que preste servizos, o persoal funcionario que reúna os requisitos dos postos establecidos na RPT, no cal se dea algún dos seguintes supostos:
a) O persoal que teña atribuído un posto de traballo mediante adscrición provisional.
b) O persoal funcionario de carreira que, por motivos de saúde ou rehabilitación, estea adscrito a un posto en distinta localidade daquela en que teña o seu destino definitivo deberá solicitar todos os postos que sexan axeitados e que estean situados na mesma localidade do posto ao cal figure adscrito provisionalmente.
c) O persoal que superou un proceso selectivo de promoción interna e non ocupe con carácter definitivo un posto correspondente ao seu subgrupo.
2.4. O persoal que non pertenza ao Sistema universitario de Galicia (SUG) deberá estar en posesión do certificado de coñecemento de lingua galega Celga 4 ou equivalente.
2.5. O incumprimento da obriga de concursar determinará a declaración de excedencia voluntaria por interese particular.
2.6. Todos os requisitos e méritos estarán referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Terceira. Postos
3.1. Para accederen a calquera posto, as persoas que concursan deberán reunir os requisitos establecidos no anexo I.
3.2. Poderán solicitarse por orde de preferencia os postos de traballo que figuran no anexo I, sempre que o nivel do posto ofertado estea incluído nos intervalos de niveis correspondentes ao subgrupo en que figure clasificado o corpo ou escala do/da concursante.
Cuarta. Solicitudes e documentación que debe acompañalas
4.1. A solicitude para participar neste concurso realizarase no modelo publicado como anexo II, indicando a orde de preferencia dos postos a que se opta, e presentarase na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC xunto coa documentación indicada na base sexta, alínea b), Baremo específico desta convocatoria.
4.2. As persoas aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e para cada posto a que opten, o proxecto e currículo recollidos na epígrafe do baremo específico. A non presentación desta documentación no prazo establecido na base 4.3 implicará a inadmisión para ese posto concreto.
4.3. O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
4.4. O persoal que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá solicitar a adaptación dos postos a que opte, para o cal deberá cubrir os puntos correspondentes do anexo II e xuntarlle á solicitude de participación no concurso un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teñan atribuídos os postos solicitados.
4.5. Poderanse condicionar as peticións de dous concursantes por razón de convivencia familiar ao feito de obteren os dous destino neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non acada destino, quedará anulada tamén a solicitude do outro. As persoas que se acollan a esta petición condicionada deberán achegar coa solicitude documento oficial xustificativo da convivencia familiar e copia da petición da outra persoa solicitante.
4.6. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro electrónico da USC e na páxina web da Subárea de Planificación de PAS https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os postos a que optan.
As persoas concursantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para poderen emendar os defectos que motivaron esa exclusión ou omisión.
Os/as concursantes que presten servizos na USC recibirán unha notificación cunha ligazón para accederen ao seu expediente persoal e verificaren que os datos que nel se conteñen son os correctos. Para emendaren calquera erro ou omisión disporán de dous (2) días hábiles.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, publicarase a listaxe definitiva.
4.7. Transcorrido o prazo de presentación, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o/a peticionario/a. Non obstante, as persoas interesadas poderán desistir da súa solicitude, así como renunciar ao destino adxudicado, se con anterioridade á toma de posesión acadaron outro destino mediante convocatoria pública.
4.8. Aqueles postos que conten con descritor de funcións poderanse consultar na páxina web da Subárea de Planificación de PAS: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS
Quinta. Acreditación de méritos
5.1. Os/as concursantes deberán ter actualizados os seus expedientes persoais no prazo de presentación de solicitudes, tendo en conta que a documentación que se incorpore con posterioridade non será obxecto de valoración.
5.2. A Xerencia, de oficio, engadiralle á solicitude presentada os datos que figuren nos expedientes das persoas solicitantes.
5.3. As persoas aspirantes que non pertenzan á USC deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación acreditativa dos méritos alegados e non se concederá ningún prazo adicional para a súa presentación.
Sexta. Baremo
a) Baremo xeral: 60 puntos.
1. Experiencia profesional: 30 puntos.
1.1. Traballo desenvolvido: máximo 24 puntos.
Valorarase cada ano completo ou o mes como fracción mínima, segundo o nivel do posto establecido na seguinte táboa:
|
Nivel do posto |
Puntos/ano |
Nivel do posto |
Puntos/ano |
|
Ata o nivel 14 |
0,22 |
23 |
0,85 |
|
15 |
0,29 |
24 |
0,92 |
|
16 |
0,36 |
25 |
0,99 |
|
17 |
0,43 |
26 |
1,06 |
|
18 |
0,50 |
27 |
1,13 |
|
19 |
0,57 |
28 |
1,20 |
|
20 |
0,64 |
29 |
1,27 |
|
21 |
0,71 |
30 |
1,34 |
|
22 |
0,78 |
O tempo de servizos prestados en universidades públicas valorarase de acordo co seguinte:
– Funcionario/a interino/a: polo nivel mínimo da escala.
– Persoal laboral contratado nunha categoría do Convenio colectivo de persoal de administración e servizos, que nese momento teña unha escala equivalente para o persoal funcionario: computarase como se fosen prestados nun posto do nivel mínimo desa escala.
– Outros servizos: tanto aos prestados como interino/a, en postos de nivel inferior ao 15, como de laboral que non teña a equivalencia antes referida, aplicaráselles o valor que figura na táboa como «ata o nivel 14».
• O traballo desenvolvido en comisión de servizos computarase polo nivel do posto que se ocupa con carácter definitivo.
• O tempo en adscrición provisional valorarase segundo o nivel do posto que se ocupe nesa situación.
• Os servizos prestados polo persoal destinado nun posto adscrito a unha escala inferior a aquela a que pertenzan valoraránselles polo nivel mínimo correspondente á súa escala.
• Os servizos prestados noutras administracións, que non sexan universidades públicas, valoraranse segundo o nivel do posto acreditado aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 50 %. De non constar o nivel do posto desenvolvido, considerarase o nivel mínimo do subgrupo a que pertence.
1.2. Grao: máximo 6 puntos.
De non ter grao consolidado ou se é inferior ao mínimo da escala a que pertenza o/a funcionario/a, outorgarase a puntuación que corresponda ao nivel mínimo da escala.
|
Grao |
Puntos |
Grao |
Puntos |
|
15 ou inferior |
0,20 |
23 |
3,20 |
|
16 |
0,40 |
24 |
3,60 |
|
17 |
0,80 |
25 |
4 |
|
18 |
1,20 |
26 |
4,40 |
|
19 |
1,60 |
27 |
4,80 |
|
20 |
2 |
28 |
5,20 |
|
21 |
2,40 |
29 |
5,60 |
|
22 |
2,80 |
30 |
6 |
2. Formación: total 20 puntos.
2.1. Titulación: máximo 2 puntos.
|
Titulación |
Puntos |
|
ESO/graduado escolar |
0,25 |
|
Bacharelato/ciclo medio de FP |
0,75 |
|
Técnico superior |
1,00 |
|
Diplomatura |
1,25 |
|
Graduado/a universitario/a |
1,50 |
|
Licenciatura |
1,60 |
|
Doutoramento |
2,00 |
|
Mestrado oficial* |
+0,25* |
*Os mestrados oficiais valoraranse con 0,25 puntos adicionais á titulación que se acreditase. Unicamente se puntuará un mestrado oficial.
• As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio e, para seren valoradas, a persoa interesada deberá citar a disposición en que se establece e o BOE en que se publica.
• Puntuará o máximo nivel da titulación oficial obtida. Unicamente puntuará unha titulación oficial.
• As titulacións estranxeiras só se valorarán se están homologadas no Estado español polo órgano competente.
• A especificidade e o contido das titulacións, así como outras titulacións oficiais, puntuaranse, cando proceda, na epígrafe de currículo do baremo específico.
2.2. Lingua galega: máximo 2 puntos.
Só se valorará a acreditación ou curso de nivel máis alto:
|
Nivel |
Puntos |
|
Celga 5 |
2 |
|
Celga 4 ou curso de perfeccionamento |
1,50 |
|
Celga 3 ou curso de iniciación |
0,50 |
2.3. Linguas estranxeiras: máximo 2 puntos.
Os niveis de lingua sinalados corresponden aos fixados no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).
O coñecemento de cada lingua oficial na Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase segundo a seguinte táboa:
|
Nivel |
Puntos |
|
C2 |
1 |
|
C1 |
0,83 |
|
B2 |
0,66 |
|
B1 |
0,49 |
|
A2 |
0,32 |
|
A1 |
0,15 |
• Só se valorará o nivel máis alto dun mesmo idioma.
• O coñecemento de idiomas acreditarase por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou homologados. As equivalencias terán que ser achegadas polos/as interesados/as para que se poidan valorar nesta epígrafe.
• O coñecemento dunha lingua que non sexa oficial na UE valorarase, segundo o nivel acreditado, coa metade dos puntos da táboa anterior.
2.4. Cursos de formación: máximo 14 puntos.
Só se puntuarán os niveis máis altos dos cursos recibidos e unha única edición do mesmo curso impartido.
|
Valoración |
Asistencia |
Aproveitamento |
|
Por hora certificada |
0,01 hora |
0,02 hora |
|
Sen horas certificadas, polo total do curso |
0,1 curso |
0,2 curso |
• Valoraranse nesta epígrafe:
– Os cursos de formación, sempre que sexan de formación administrativa ou teñan relación coas funcións propias dos postos convocados. Deberán ser impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais.
– Aqueles cursos de galego cando versen sobre cuestións relativas ao seu uso na Administración pública ou específicos de bibliotecas e arquivos, de ser o caso.
– Os cursos de idiomas aprobados e impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais, que non teñan o recoñecemento dos niveis que figuran no número 2.3, valoraranse con 0,2 puntos.
– Os cursos de perfeccionamento ou nivel avanzado que sexan continuación dun de iniciación.
– Ao profesorado que imparta cursos outorgaráselle a mesma puntuación que aos asistentes.
• Non se valorarán:
– Os cursos destinados a adquirir os niveis que se valoran no número 2.2.
– Os cursos con contidos incluídos implícita ou explicitamente noutros xa valorados, os que forman parte de preparación de procesos selectivos, os de acollida e os que pertenzan a plans de estudos regrados.
– Máis dunha edición do mesmo curso. Cando unha persoa acredite a realización de dous cursos e un deles sexa de reciclaxe ou actualización doutro (por cambios nas versións de software, por cambios na normativa de referencia...), só se valorará un dos cursos, o que outorgue maior puntuación.
– A asistencia a xornadas, seminarios, congresos, reunións, etc. que non teñan carácter de cursos de formación administrativa ou curso de formación de bibliotecas e arquivos de carácter xeral.
– Os mesmos cursos como impartidos e recibidos.
3. Grupo: total 10 puntos.
A pertenza ao grupo valorarase segundo a seguinte táboa:
|
Grupo/subgrupo |
Puntos |
|
A1 |
10 |
|
A2 |
7 |
|
B |
5,5 |
|
C1 |
4 |
|
C2 |
1 |
b) Baremo específico: 40 puntos.
A Comisión Avaliadora publicará, con carácter previo, os criterios de corrección do proxecto e da valoración do currículo, e adoptará as medidas oportunas para que a valoración do proxecto se leve a cabo sen que se coñeza a identidade do/da aspirante.
1. Proxecto sobre o posto de traballo a que se opta: máximo 15 puntos.
O/a candidato/a presentará un proxecto de actuación respecto ao posto de traballo a que pretende acceder. Este proxecto deberá conter, como mínimo, os seguintes aspectos:
• Análise do posto a que se opta:
a. Encadramento organizativo (ascendente e descendente).
b. Misión e visión do posto.
c. Principais tarefas que se van desenvolver.
d. Medios con que se conta.
• Proxecto do/da candidato/a para o posto a que se opta:
a. Obxectivos que se van desenvolver no posto, xerais e específicos.
b. Propostas de mellora organizativa.
c. Proposta de medios humanos e materiais para desenvolver o proxecto.
d. Destrezas que se deben posuír para o desempeño do posto.
O proxecto presentarase por escrito, unicamente grampado, e nun sobre pechado (sobre grande, tamaño 260x360 mm) no cal apareza como única identificación o logotipo da USC.
A extensión máxima establécese en dez (10) folios, DIN A4, escritos por unha soa cara en letra Arial Narrow punto 12 e cun interliñado de 1,5. Poden achegarse anexos bibliográficos ou de relación de materiais empregados, gráficos ou táboas, que non poden superar en conxunto os cinco (5) folios adicionais. Deben de estar claramente diferenciados e separados do texto principal, e figurar baixo a epígrafe de anexos.
A identidade do/da candidato/a, nome, apelidos e DNI, deberá facerse constar dentro dun sobre pechado co logotipo da USC, tamaño 120x176 mm, que se introducirá dentro do sobre grande que contén o proxecto.
O texto do proxecto non debe conter ningunha indicación nin marca que permita identificar a súa autoría.
Os sobres normalizados para o proxecto e a identificación dos/das concursantes serán facilitados na Subárea de Planificación de PAS, na Unidade de Administración do Campus de Lugo ou nas correspondentes oficinas de asistencia en materia de rexistros da USC. Non se admitirán sobres non normalizados.
Cada membro da Comisión outorgará unha puntuación ao traballo, eliminándose a máis alta e a máis baixa, ou unha de cada unha delas se son coincidentes, e farase a media aritmética.
Valoraranse:
• A capacidade de análise e crítica exposta no proxecto.
• A capacidade de organización, concreción e claridade do proxecto.
• A capacidade de innovación, orixinalidade ou creatividade e viabilidade do traballo.
• O coñecemento amosado na busca de información e na selección para a elaboración do proxecto.
• A capacidade de interrelación das áreas funcionais que, de ser o caso, se aprecie no traballo presentado.
Para a superación do proxecto será necesario obter un mínimo de 6 puntos. Ás persoas aspirantes que non obteñan esta puntuación xa non se lles avaliará o currículo nin realizarán a defensa do seu proxecto.
2. Currículo: máximo 10 puntos.
Os/as concursantes deberán presentar xunto coa solicitude, para cada posto a que opten, un currículo e a documentación anexa que conteña a xustificación dos méritos alegados, agás que conste acreditada no expediente persoal do/da aspirante. No caso de concursar a máis dun posto, cada currículo identificará o posto a que se refire.
A extensión máxima do currículo será de cinco (5) folios, DIN A4, escritos por unha soa cara en letra Arial Narrow punto 12 e 1,5 de espazo interliña.
Valorarase o currículo do/da participante na súa integridade tendo en conta:
1º. Traxectoria laboral pública relacionada co posto a que se opta.
2º. Formación específica considerada relevante para o desenvolvemento do posto de traballo a que se opta:
a. Titulacións oficiais relacionadas co posto de traballo a que se opta.
b. Títulos propios das universidades.
c. Cursos específicos directamente relacionados co posto de traballo a que se opta e non valorados no baremo xeral.
d. Actividade docente distinta da valorada na epígrafe do baremo xeral: docencia como profesorado asociado, colaboracións noutras titulacións (clases, prácticas ou titorías en distintos estudos tanto oficiais como propios, etc.), cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos (que teñan relación coas administracións públicas).
e. Coordinación de cursos.
f. Relatorios e comunicacións en xornadas, seminarios, congresos e conferencias e, de ser o caso, a súa publicación.
g. Participación en xornadas, seminarios, congresos, táboas redondas, etc.
h. Cursos de verán e outros non valorados/valorables na epígrafe de formación do baremo xeral.
3º. Habilidades e destrezas que posúe o/a aspirante.
Cada membro da Comisión outorgará unha puntuación e deberá valorar todas as epígrafes de acordo cos criterios previamente establecidos. Descartarase a puntuación máis alta e a máis baixa ou unha de cada unha delas, de ser coincidentes, e farase a media aritmética.
3. Defensa pública do proxecto e do currículo: máximo 15 puntos.
Os/as candidatos/as que obteñan unha puntuación mínima de 6 puntos no proxecto presentado serán citados pola Comisión a un acto de defensa pública do proxecto e do currículo. O sistema de valoración será o mesmo que para o proxecto (valorará cada membro da Comisión e descartaranse os máximos e os mínimos).
Neste acto de defensa pública, a persoa candidata disporá dun tempo máximo de 20 minutos para realizar a exposición. Poderá utilizar os medios técnicos ou materiais que considere necesarios, pero deberá comunicarllo á Comisión no prazo que se lle indique.
A Comisión poderá formular preguntas co fin de aclarar todos aqueles aspectos necesarios para a realización da axeitada valoración do proxecto e currículo presentado, e contrastar a adecuación do perfil profesional e as aptitudes do/da concursante ao posto solicitado. O tempo máximo para a formulación de preguntas será de 10 minutos.
Valoraranse aspectos como:
• A capacidade para a utilización dos recursos básicos para a exposición, como expresión oral, o emprego dos medios materiais e tecnolóxicos, etc.
• A capacidade para transmitir de xeito claro e ordenado as principais ideas do traballo presentado.
• A capacidade de comprensión e argumentación, así como os coñecementos que posúe e a capacidade para inserilos nas respostas ás preguntas que formule a Comisión.
• A capacidade de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e funcións do posto.
• A capacidade para integrar teoría e práctica (profesionalidade).
• Coñecemento sobre as habilidades e destrezas necesarias que deberá posuír o/a candidato/a para o desempeño do posto, e as achegas que con respecto a isto realice no traballo.
Para a superación desta fase de defensa pública será necesario obter un mínimo de 5 puntos.
Sétima. Comisións
Para a valoración dos méritos recollidos na alínea a) e na alínea b) do baremo actuarán a Comisión Permanente de Valoración de Méritos e a Comisión de Avaliación, respectivamente.
7.1. A valoración de méritos correspondentes ao baremo xeral realizaraa a Comisión Permanente de Valoración de Méritos (CPVM) https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM, de conformidade co establecido no Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos, aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020 e modificado en Consello de Goberno o día 28 de decembro de 2022 e o 11 de outubro de 2023. As persoas concursantes dispoñen de cinco días hábiles para presentaren reclamacións contra a proposta provisional de valoración de méritos efectuada, a través do Rexistro de Entrada da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela: https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm. A CPVM resolverá as reclamacións presentadas e elevaralle á Comisión de Avaliación a proposta definitiva.
7.2. A Comisión de Avaliación (CA) é o órgano colexiado encargado de valorar os méritos, as capacidades, as aptitudes e os coñecementos correspondentes ao baremo específico, así como efectuar as propostas provisionais e definitivas de adxudicación dos postos. Esta comisión será nomeada mediante resolución da Xerencia e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
7.3. As dúas comisións poderán solicitar do órgano convocante a designación de persoas expertas que, na súa calidade de asesoras, actuarán con voz pero sen voto. Axustaranse no seu funcionamento aos principios de imparcialidade e obxectividade, e ao disposto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
7.4. Así mesmo, as dúas comisións posúen a categoría primeira, de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo, aprobado en Consello de Goberno da USC o 29 de decembro de 2020.
Oitava. Publicación das propostas e reclamacións
8.1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo que se especifica na base sexta.
8.2. Os empates nas puntuacións resolveranse a favor do/da concursante que obteña unha maior puntuación no baremo específico. Se o empate se mantén, aplicaranse por esta orde os seguintes criterios: pertenza ao subgrupo superior, traballo desenvolvido e maior tempo de servizos efectivos prestados.
8.3. Finalizado o proceso de valoración de méritos do baremo específico, a Comisión de Avaliación publicará no taboleiro electrónico da USC e na Subárea de Planificación de PAS https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM a puntuación provisional correspondente ao baremo específico xunto coa proposta de adxudicación, con indicación dos códigos dos postos.
Esta proposta provisional incluirá tamén a puntuación definitiva correspondente ao baremo xeral que efectuou a CPVM.
8.4. Contra esta puntuación provisoria, as persoas concursantes poderán presentar reclamación, ante a Comisión de Avaliación, a través do Rexistro de Entrada da sede electrónica da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico.
8.5. A admisión a trámite das reclamacións presentadas suspenderá os nomeamentos propostos ata a súa resolución.
8.6. Rematado o prazo de reclamacións sen se ter presentado ningunha, ou unha vez que se resolvan, a Comisión de Avaliación elevaralle a proposta definitiva de adxudicación de postos á Xerencia. A proposta definitiva deberá recaer sobre a persoa candidata que obteña maior puntuación final.
Novena. Resolución do concurso e adxudicación de postos de traballo
9.1. As propostas definitivas que realice a Comisión de Avaliación terán carácter vinculante e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás a excepción recollida no número 4.7.
9.2. Se, rematado o procedemento de provisión, o persoal funcionario a que se refiren os números 2.3.a) e 2.3.c) non obtén posto, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza o/a funcionario/a.
9.3. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización por ningún concepto.
9.4. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Décima. Toma de posesión
O prazo posesorio comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia.
Décimo primeira. Disposición derradeira
Esta convocatoria e os actos administrativos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022, DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Vacantes
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PF000015 |
Xefatura de servizo Servizo de Xestión Académica |
28 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000011 |
Xefatura de servizo Servizo de Control Interno |
28 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000984 |
Administrador/a Campus de Lugo Unidade de Administración do Campus de Lugo |
28 |
A1/A2 |
Mañá |
Lugo |
|
|
PF000996 |
Xefatura de servizo Servizo de Orzamentación e Planificación |
28 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000022 |
Xefatura de oficina Oficina de Análise de Reclamacións |
26 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000962 |
Xefatura de oficina Oficina de Mobilidade |
26 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel C1 de inglés do MCER. Mérito: nivel B2 ou superior dos idiomas do MCER, de conformidade co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro |
|
PF001000 |
Xefatura de oficina Oficina de Proxección Internacional |
26 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel C1 de inglés do MCER. Mérito: nivel B2 ou superior dos idiomas do MCER, de conformidade co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro |
|
PF000999 |
Xefatura de subárea Subárea de Plans e Programas. Área de Planificación e Innovación Administrativa |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo Complemento específico: 20.332,90 € |
|
PF000998 |
Xefatura de subárea Subárea de Contabilidade. Área Económica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo Complemento específico: 20.332,90 € |
|
PF000997 |
Xefatura de subárea Subárea de Planificación de PAS. Área de Persoal |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo Complemento específico: 20.332,90 € |
|
PF000032 |
Xefatura sección administración Sección Control Interno. Servizo Control Interno |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000034 |
Xefatura sección administración Sección Admisión e Xestión. Servizo de Xestión Académica. |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Vacante o 24.10.2025 |
|
PF000039 |
Xefatura sección administración Sección Contabilidade. Subárea de Contabilidade |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000040 |
Xefatura sección administración Sección Orzamentos. Servizo de Orzamentación e Planificación |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000043 |
Xefatura sección administración Sección de Oferta e Programas de Estudo. Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000065 |
Xefatura sección administración Sección Xestión e Contratación. Servizo de Contratación e Patrimonio |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000866 |
Xefatura sección administración Sección Secretaría Xeral |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000045 |
Xefatura sección administración Sección de Formación do Persoal. Centro de Formación de Persoal |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000046 |
Xefatura sección administración Sección de Programación e Selección de Persoal. Subárea de Planificación de PAS |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000047 |
Xefatura sección administración Sección Xestión de Profesorado. Servizo de Xestión de Persoal |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000990 |
Xefatura sección administración Sección Xestión Persoal Investigación. Servizo de Xestión de Persoal |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000050 |
Xefatura sección administración Sección Xestión Económica de I+D. Subárea Económica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000859 |
Xefatura sección administración Sección Xustificación Actividades de I+D. Subárea Económica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000052 |
Xefatura sección administración Sección Xestión de Recursos Humanos de I+D. Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000031 |
Xefatura sección administración Sección de Estudos Propios. Centro de Estudos Propios (CEP) |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000056 |
Xefatura de Unidade de Xestión Académica Unidade Xestión Académica Campus Norte |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000057 |
Xefatura de Unidade de Xestión Académica Unidade Xestión Académica Campus Sur |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000038 |
Xefatura sección administración Servizo de Asesoría Xurídica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Licenciatura/grao en Dereito |
|
PF000037 |
Xefatura sección administración Sección Títulos. Servizo de Xestión Académica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Vacante o 25.11.2025 |
|
PF000042 |
Xefatura sección administración Sección Organización Académica. Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica |
25 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Vacante o 10.9.2025 |
|
PF000061 |
Xefatura de división (UXA) División Asuntos Xerais Campus Norte. Unidade de Xestión Académica Campus Norte |
24 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000063 |
Xefatura de división (UXA) División Asuntos Xerais Campus Sur. Unidade de Xestión Académica Campus Sur |
24 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000105 |
Responsable de unidade Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Dereito |
24 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo |
|
PF000060 |
Xefatura de división (UXA) División Matrícula e Expedientes Campus Norte. Unidade de Xestión Académica Campus Norte |
24 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Vacante o 23.8.2025 |
ANEXO II
Solicitude de participación no concurso específico de méritos para a provisión
de postos de traballo de PTXAS funcionario da USC, correspondentes aos subgrupos A1/A2/C1, convocado pola Resolución da Xerencia
do 16 de xuño de 2025
DNI____________________, don/dona______________________________________
Discapacidade: SI □ NON □ Grao discapacidade: _____ %
Adaptación do posto que se solicita ________________________________________
Situación administrativa _________ Corpo ou escala _____________________________
Equivalencia de titulación (número 2.1 do baremo) __________________ BOE ________
Postos solicitados por orde de preferencia:
|
Orde de preferencia |
Código do posto |
Denominación do posto |
Unidade a que está adscrito |
De conformidade coa Lei 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e co Regulamento (UE) 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán incorporados pola USC no tratamento denominado «Persoal», cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e Seguridade Social e xestión de persoal. O órgano responsable do dito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela, con domicilio social na praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela; correo electrónico: protecciondatos@usc.gal
Tamén se pode poñer en contacto co delegado de protección de datos da USC a través do enderezo electrónico dpd@usc.es
A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, e na Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia). Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigas legais. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén se poden dirixir á Axencia Española de Protección de Datos para realizaren as reclamacións que consideren oportunas.
Os datos serán conservados durante o período en que se realice a finalidade para a cal foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en
http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
Santiago de Compostela/Lugo, .....
Sinatura
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
