DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35525

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector principal (código de procedemento PR461G).

Con data do 30 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 82 a Orde do 14 de abril de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector principal (código de procedemento PR461G).

Con data do 15 de maio de 2025, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da referida convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 14 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 14 de abril de 2025 (DOG núm. 82, do 30 de abril), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp), http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp, http://agasp.xunta.gal

Non figura ningunha persoa como excluída.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 17 de xuño de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública