DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDA:

Primeiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, anúlanse as seguintes preguntas:

Quenda libre: anúlanse, da primeira parte do exame, a pregunta 13 da parte xeral, que será substituída pola pregunta de reserva núm. 121, e a pregunta 69 da parte específica, que será substituída pola pregunta de reserva núm. 123. Da segunda parte do exame, suposto práctico, anúlanse as preguntas 82 e 105, que serán substituídas polas preguntas de reserva núm. 126 e 127.

Promoción interna: da primeira parte do exame, anúlase a pregunta 49, que será substituída pola pregunta de reserva núm. 101. Da segunda parte do exame, suposto práctico, anúlanse as preguntas 62 e 85, que serán substituídas polas preguntas de reserva núm. 104 e 105.

Desestimar as restantes reclamacións presentadas ao exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, o exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 50 puntos.

Quenda libre: superarán este exercicio as persoas aspirantes que obteñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que obteñan en cada una das partes un mínimo do 50 % das respostas correctas, una vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de se dar o caso de que o número de aspirantes que acaden en cada unha das partes o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata acadar a dita cifra, sempre que obteñan en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden en cada unha das partes o 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de se dar o caso de que o número de aspirantes que acaden en cada unha das partes o 50 % das respostas netas sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumularán ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizarán nin reciben puntuación. As preguntas de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores se considerarán igualmente aprobadas.

Asignáraselles unha valoración de 50 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 50 e 100 puntos, proporcional ao número de respostas acertadas. Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Terceiro. Realizada a corrección do exercicio, na sesión do 12 de xuño de 2025, de acordo coas normas e criterios anteriores, resultou o seguinte:

Promoción interna: acadou a puntuación mínima de 50 puntos 1 persoa aspirante e este tribunal fixou en 50 o número de respostas correctas para conseguir a dita puntuación mínima, unha vez feitas as deducións segundo o establecido nas bases da convocatoria.

Quenda libre: acadou a puntuación mínima de 50 puntos un total de 44 aspirantes e este tribunal fixou en 82 o número de respostas correctas para conseguir a dita puntuación mínima, unha vez feitas as deducións segundo o establecido nas bases da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao exame realizado o 27 de abril de 2025, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no portal web da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, que posúen o Celga 3 ou título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga 3 ou título equivalente debidamente homologado e así conste na lista de persoas aspirantes publicada con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025

María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal