DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35519

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas da parte común números 7 e 39, e substituílas polas preguntas de reserva números 181 e 182; anular as preguntas da parte específica números 121 e 123, e substituílas polas preguntas de reserva número 183 e 184; anular a pregunta do primeiro suposto práctico número 152, e substituíla pola pregunta de reserva número 189; anular as preguntas do segundo suposto práctico números 168, 170 e 173, e substituílas polas preguntas de reserva números 191 e 192; e anular a pregunta de reserva número 186. Acórdase tamén modificar o modelo de corrección de respostas da pregunta 3, na cal é correcta a alternativa (b); da pregunta 25, na cal é correcta a alternativa (d), e a 130, na cal é correcta a alternativa (a). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, pola quenda de acceso libre superan o exercicio cincuenta e seis (56) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, e fíxase en 89,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025

José Antonio Fernández Bouzas
Presidente do tribunal