En sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 2 de maio de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta número 74 da parte específica, e substituíla pola pregunta de reserva número 141; anular as preguntas números 102 e 116 do primeiro caso práctico, e substituílas polas preguntas de reserva números 147 e 148, e desestimar na súa totalidade as restantes alegacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superan o exercicio dúas (2) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, e fíxase en 56 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1. da convocatoria.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025
José Manuel González González
Presidente do tribunal
