DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35514

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de xuño de 2025 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2024, pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

BDNS (Identif.): 807260.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/807260

Primeiro. Modificación do obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos, préstamos para a concentración de empresas, préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, préstamos para financiar capital circulante na industria manufactureira, enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, e para as empresas do sector da pesca, acuicultura, así como a transformación e comercialización dos produtos destes sectores, préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior, préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval, préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais; fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego, e préstamos para financiar circulante de empresas afectadas pola imposición de aranceis por parte de EE.UU.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica