DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35627

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 18 de xuño de 2025 pola que se dispón o cesamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 3.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, sinala que a consellería competente en materia de pesca nomeará un secretario que actuará con voz pero sen voto.

Pola súa banda, o artigo 5.2 do Decreto 41/2005 dispón que as vacantes que se produzan no Consello de Administración deberán ser cubertas dentro do mes seguinte á data da vacante que se tiver producido, polo procedemento previsto en cada caso.

Mediante o Decreto 41/2025, do 16 de xuño, dispúxose o cesamento, por petición propia, de Patricia García Sánchez como directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Patricia García Sánchez como secretaria do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar