A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 3.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, sinala que a consellería competente en materia de pesca nomeará un secretario que actuará con voz pero sen voto.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Cándido Rial Rodríguez como secretario do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
