Advertiuse un erro material no anexo V da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D), publicada no DOG núm. 30, do 13 de febreiro.
O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, permite que estas poidan rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
Con base no anterior procédese á corrección de erros e á publicación íntegra do devandito anexo V:
No anexo V, certificación da Secretaría, fase de xustificación, onde di:
«...aprobouse/aprobáronse a/as factura/s e/ou certificación/s de obra correspondente/s á execución do proxecto subvencionado, por importe total de ________ € (IVE excluído)...».
Debe dicir:
«...aprobouse/aprobáronse a/as factura/s e/ou certificación/s de obra correspondente/s á execución do proxecto subvencionado, por importe total de ________ € (IVE incluído)...».
