Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 21 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial de segunda carpinteiro/a, auxiliar de carpintaría, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), a persoa aspirante Benigno López Rodríguez, con DNI ***4267**, foi convocado á elección de destino mediante a Resolución do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).
Con data do 15 de xuño de 2025, a dita persoa aspirante presentou a renuncia a continuar no proceso, polo que esta consellería, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Benigno López Rodríguez, con DNI ***4267**, ao proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría 21 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial de segunda carpinteiro/a, auxiliar de carpintaría, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), quedando anuladas as súas actuacións no dito proceso selectivo.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
