Na sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG número 178, do 19 de setembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial/a de segunda carpinteiro/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2024 (DOG núm. 250, do 30 de decembro), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 21 (oficial/a de segunda carpinteiro/a) do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Con data do 16 de xuño de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 1, Benigno López Rodríguez, presentou a súa renuncia e, polo tanto, perdeu o seu dereito para adquirir a condición de persoal laboral fixo na categoría 21 (oficial/a de segunda carpinteiro/a) do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.
A base IV.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas».
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 21 (oficial/a de segunda carpinteiro/a) do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, por orde das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025
Juan Francisco Rodríguez Cendán
Presidente do tribunal
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***3336** |
Tarrío Abuín, Abel |
Libre |
48,06 |
