Pola Orde do 18 de marzo de 2025 (DOG do 28 de marzo), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2025.
O artigo 14 da dita orde establece que se constituirá unha comisión que será a encargada de comprobar as solicitudes e propoñer a distribución das axudas. Reunida esta comisión, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de xuño de 2025 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2025, que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 13 de xuño de 2025 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Resolución do 13 de xuño de 2025 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial
para o ano 2025
Pola Orde do 18 de marzo de 2025 (DOG do 28 de marzo), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2025.
Reunida a Comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.
Segundo. Excluír a ANPA que figura no anexo II.
Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 17 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo, ata o día 31 de outubro de 2025, a seguinte documentación:
a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.
b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 18 de marzo de 2025 (DOG do 28 de marzo), pola que se convocan as axudas para o ano 2025.
ANEXO I
|
CIF |
Confederación/Federación/ANPA EE |
Beneficiario/a |
Concello |
Importe (€) |
|
G15115165 |
CONFAPA (Confed. Galega ANPAS centros públ.) |
Confederación |
A Coruña |
8.457,50 |
|
G70416557 |
Confederación ANPAS galegas |
Confederación |
Santiago de C. |
10.274,50 |
|
G15042617 |
Federación provincial ANPAS centros públicos-Fapa Coruña |
Federación Provincial |
A Coruña |
4.904,00 |
|
G70366588 |
Federación centros públicos A Costa da Morte |
Federación Provincial |
Carballo |
2,615,00 |
|
G70222195 |
Federación centros públicos Compostela |
Federación Provincial |
Santiago de C. |
3.056,00 |
|
G27019140 |
FAPACEL Federación provincial ANPAS centros públicos |
Federación Provincial |
Lugo |
3.623,00 |
|
G27043389 |
FAPA Lugo |
Federación Provincial |
Lugo |
1.754,00 |
|
G32009037 |
Federación provincial ANPAS centros públicos As Burgas |
Federación Provincial |
Ourense |
3.581,00 |
|
G94202843 |
FEAPA Pontevedra |
Federación Provincial |
Vilagarcía de Arousa |
1.922,00 |
|
G36020311 |
Federación provincial ANPAS centros públicos-FANPA |
Federación Provincial |
Pontevedra |
5.261,00 |
|
G15543242 |
Federación de ANPAS de Ferrol y Comarca Concepción Arenal |
Federación Comarcal |
Ferrol |
1.602,00 |
|
G36743946 |
FOANPAS Federación ANPAS Olívica |
Federación Comarcal |
Vigo |
2.862,00 |
|
G36412039 |
FANPO Federación de ANPAS O Condado, A Paradanta e Louriña |
Federación Comarcal |
Ponteareas |
1.686,00 |
|
V15869431 |
ANPA CEE Elviña ASPANAES |
ANPA EE |
A Coruña |
1.050,00 |
|
G15412026 |
ANPA CEE Terra de Ferrol |
ANPA EE |
Ferrol |
1.050,00 |
|
G15747678 |
ANPA CEE Amicos |
ANPA EE |
Ribeira |
1.050,00 |
|
G15874290 |
ANPA Colegio Duques de Lugo |
ANPA EE |
Santiago de C. |
1.050,00 |
|
G27159425 |
ANPA CEE Santa María |
ANPA EE |
Lugo |
1.050,00 |
|
G27220839 |
ANPA CEE Infanta Elena |
ANPA EE |
Monforte de Lemos |
1.050,00 |
|
G32202798 |
ANPA CEE O Pino |
ANPA EE |
Ourense |
1.050,00 |
|
G36130169 |
ANPA CEE Joaquina Sobrino |
ANPA EE |
A Guarda |
1.050,00 |
|
G36753895 |
ANPA La Ilusión del Val Miñor |
ANPA EE |
Nigrán |
1.050,00 |
|
G36180768 |
ANPA CEE Juan XIII |
ANPA EE |
Pontevedra |
1.050,00 |
|
G36812063 |
ANPA CEE Saladino Cortizo |
ANPA EE |
Vigo |
1.050,00 |
|
G36630614 |
ANPA CEE A Menela |
ANPA EE |
Vigo |
1.050,00 |
|
G36131027 |
ANPA CEE Vilagarcía de Arousa |
ANPA EE |
Vilagarcía de Arousa |
1.050,00 |
|
G36024941 |
ANPA CEE Os Mecos |
ANPA EE |
Vilagarcía de Arousa |
1.050,00 |
ANEXO II
|
Nome da ANPA |
Concello |
Causa de exclusión |
|
Federación de ANPAS de Redondela |
Redondela |
Non estar inscrita no censo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional |
