DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/436-1, no concello de Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pazos de Arriba, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/436-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os ben afectado por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 11 de xuño de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/436-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pazos de Arriba.

Concello: Ponteceso.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Campos

150069A501004310000OX

Herdeiros de María Nieves Pose Carneiro

26.8.2025

11.15