DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2023/199 ATE).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 13 de xullo de 2023, a citada empresa solicitou a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC a OCR A. Rozas, no concello de Castro de Rei.

Coa solicitude achégase o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea o 31 de outubro de 2022, a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xúntase a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 15 de marzo de 2024. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 22 de marzo de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo de 2024, no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Castro de Rei. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e nos regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa Begasa para o establecemento da instalación eléctrica denominada SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC a OCR A. Rozas, coas seguintes características técnicas principais:

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 5.270 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1x400 K Al + H16, con orixe na SE Ludrio e final no centro de transformación (CT) A. Rozas, no cal se instalará unha nova cela de liña.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e na hora que a cada persoa interesada se lle notificarán individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este departamento territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e as directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 16 de xuño de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC A OCR A. Rozas.

Concello: Castro de Rei (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/199 ATE.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Propietarios

Afeccións
LATS
S. ocup. permanente m2

Accesos
S. ocupación temporal m2

1

15

179

27010A01500179

Campelo

Prado

Darío Trigo Garcés
María del Pilar Trigo García
José Trigo García
María del Carmen Santiso Trigo
José Santiso Trigo
Anne Evelyne Marie Trigo Epouse Brotto
Marie Therese Trigo Nadine
Juan Carlos Trigo Veiga
Isabel Trigo Veiga
Luís Trigo Veiga
María Carmen Trigo Veiga

72

96

2

15

180

27010A01500180

Manxar

Prado

María Buide Abelaira

Antonio López Buide

133

177

3

15

181

27010A01500181

Campelo

Prado

Juan Antonio Santiso Carballosa

131

174

4

15

182

27010A01500182

Campelo

Prado

Antonio Novo López

262

349

5

15

121

27010A01500121

Meilete

Monte baixo

Manuel María Ramos Abelleira

40

52

6

15

120

27010A01500120

Meiletes

Prado

Herminia Paredes Díaz
Herdeiros de Manuel Paredes Díaz
Herdeiros de José Paredes Díaz
Herdeiros de María Áurea Paredes Díaz
María Manuela Paredes Novo
María Jesús Paredes Novo
María Josefa Paredes Castro

5

9

7

15

185

27010A01500185

Campelo

Prado

Jorge Iglesias Magide
José María Iglesias Magide

54

71

8

15

186

27010A01500186

Prado do Maestro

Prado

Antonio López Fernández

105

139

9

15

102

27010A01500102

Meilete

Prado

Herdeiros de José Otero Fernández

19

25

10

15

103

27010A01500103

Leiro Meilete

Prado

Silvestre Novo Río

32

43

11

15

108

27010A01500108

Meiletes

Prado

Julio Antonio Santiso Carballosa

46

61

13

15

104

27010A01500104

Meiletes

Prado

Antonio Novo López

117

155

14

15

100

27010A01500100

Prado de Baixo

Prado

Antonio López Fernández
José López Fernández
Carmen López Fernández

321

428

15

15

109

27010A01500109

Hortas

Prado

José Manuel Fernández Táboas

80

106

16

15

16

27010A01500016

Leiro de Saavedra

Prado

Antonio Novo López

23

275