A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autónomico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co establecido no Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,
RESOLVE:
Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura con carácter temporal, mentres se tramita o procedemento de selección definitiva, dun posto de técnico/a de calidade para a Unidade de Produción de Fármacos, mediante contrato laboral temporal, ao abeiro do recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.
As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos humanos/Emprego público/Outros procesos selectivos/Galaria).
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025
Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública
de Servizos Sanitarios, S.A.
