DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Silleda no P.I. Área 33 (expediente 214/2025).

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 30 de maio de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Silleda (Pontevedra) no P.I. Área 33. O acordo sométese a exposición pública durante un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O expediente tramitado estará á disposición dos interesados, nas dependencias de Urbanismo do Concello de Silleda, sitas na rúa Progreso, 41, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Silleda, 4 de xuño de 2025

Paula Mª Fernández Pena
Alcaldesa