En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de San Xulián de Vigo.
CIF: ****5311*.
Expediente: DH.A15.94232.
Volume total anual: 8.835,95 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,69 l/s.
Orixe: manancial Cortiñas de Gumar; x= 570.644; y= 4.792.013. Manancial Mántaras; x= 573.581; y= 4.791.082 (coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Os Carballos (manancial Cortiñas de Gumar) e Follente (manancial Mántaras).
Parroquia: San Xulián de Vigo (manancial Cortiñas de Gumar) e Mántaras (manancial Mántaras).
Concello: Paderne (manancial Cortiñas de Gumar) e Irixoa (manancial Mántaras). Provincia da Coruña.
Destino: doméstico, rega, gandeiro e outros (limpeza de cemiterio e hostalaría).
Lugar: Vigo.
Parroquia: San Xulián de Vigo.
Concello: Paderne (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase de dúas captacións de manancial a modo de mina, unha na parcela 15065B501003290000PR do concello de Paderne e outra na parcela 15040A03100130000PY do concello de Irixoa. Desde estes puntos condúcese a auga por tubaxes de 32 e 40 mm de diámetro no primeiro dos mananciais, e de 110 e 63 mm de diámetro no segundo manancial, ata o depósito de distribución situado na parcela 15065B501005320000PS.
As augas úsanse para uso doméstico nas vivendas do lugar de Vigo, na parroquia de San Xulián de Vigo. Así mesmo existe unha explotación gandeira, outra de rega, unha reserva de fauna, un establecemento hostaleiro (casa rural) e tamén se utiliza para a limpeza de lápidas no cemiterio parroquial.
A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º piso, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 30 de maio de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
