
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de ampliación da rede de saneamento de Torrevella. Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), obra con referencia de expediente AUG-2024-0109. Referencia de expediente: AUG-2024-0137.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 16.093,01 euros. Importe total: 19.472,54 euros.
8. Valor estimado do contrato: 21.244,76 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (16.093,01 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (5.151,75 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).
11. Data da adxudicación do contrato: 24 de marzo de 2025.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 7.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 7 de abril de 2025.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Técnica y Proyectos, S.A.
14.2) NIF: A28171288.
14.3) Enderezo: Anxo Senra Fernández, 25, 1º, local 3, 15670 Culleredo (A Coruña).
14.4) Código NUTS: ES111,
14.5) Correo electrónico: coruna@typsa.es
14.6) Fax: 981 16 03 42.
14.7) Teléfono: 667 53 30 51.
14.8) Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 13.196,27 euros. Importe total: 15.967,49 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia. A actuación encádrase dentro do PEPAC na intervención 6872_Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e subintervención 68720_05_Augas. Abastecemento e saneamento.
O contratista está obrigado a realizar pola súa conta as actividades de comunicación, información e publicidade da actuación contratada, en si mesma ou das súas características máis relevantes, de xeito suficiente nos medios de difusión e/ou outros medios específicos, que sexan necesarias ou oportunas, seguindo as instrucións e indicacións que proporcione o órgano de contratación a través do responsable do contrato.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de agosto de 2024.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 31 de marzo de 2025.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 12 de abril de 2025.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
