No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 210/2025 (procedemento abreviado), interposto por Sandra Permuy Iglesias, contra a Resolución do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 64, do 2 de abril), na categoría de enfermeiro/a.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
