DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36105

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para delimitación do núcleo de Carballal.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de maio de 2025, aprobou inicialmente a delimitación do núcleo rural tradicional de Carballal.

O Concello expón a información pública o expediente de delimitacións durante o prazo de dous meses, para os efectos de exame e alegacións, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes poderán examinarse, de luns a venres, nas oficinas do concello, das 10.00 ás 14.00 horas.

Baralla, 2 de xuño de 2025

Miguel González Piñeiro
Alcalde