DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de xuño de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de senda peonil na AC-862, Ortigueira, de clave AC/24/068.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de xuño de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de senda peonil na AC-862. Ortigueira, de clave AC/24/068.06, no concello de Ortigueira (A Coruña), para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas,de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao trámite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na casa do Concello de Ortigueira e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda peonil na AC-862. Ortigueira

Clave: AC/24/068.06

Concello de Ortigueira.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m²)

Ocupación
temporal

(m²)

Servidume
(m²)

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

3381703NJ9338S

33817

3

José Manuel Montero Alonso

***7602**

Urbanizado

56,07

111,99

212,88

18

ud.

Planta ornamental

Carmen Martínez Leiras

***9415**

2

3381702NJ9338S

33817

2

Abel Fernández Otero

***9765**

Urbanizado

0,3

1

ud.

Planta ornamental

Francisca Castelo Fernández

***2252**

3

15062A07000613

70

613

Inés Laura Sanjurjo Corral

***9987**

Rural

40,56

30,4

m.

Peche ovelleiro

4

15062A07000398

70

398

Víctor Martínez Balseiro

***1226**

Rural

231,69

78

m.

Peche ovelleiro

32

ud.

Planta ornamental

5

001906700NJ93G

190

67

Santiago Sierra Caruncho

***2391**

Rural

85,97

85,97

Soleira de formigón

1

m.

Sebe vivo

6

15062A07000393

70

393

Santiago Sierra Caruncho

***2391**

Rural

75,9

75,9

Soleira de formigón

19

m.

Peche reixa

8

ud.

Postes metálicos

8

m.

Portalón peche reixa

7

15062A07000392

70

392

Gonzalo Díaz Gómez

---

Rural

162,34

136,96

Soleira de formigón

52

m.

Peche reixa

26

ud.

Postes metálicos

8

15062A07000391

70

391

Antonio Gómez Vidal

***0637**

Rural

18,21

9

15062A07000384

70

384

Jerónimo Aneiros Candales

***2279**

Rural

240,33

10

15062A07000383

70

383

Concello de Ortigueira

***0620**

Rural

92,94

11

15062A07000276

70

276

Antonio Gómez Vidal

***0637**

Rural

---

513,85