DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de obras no concello de Vilanova de Arousa (expediente DH.W36.107362).

Desarrollos Vilanova, S.L. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Desarrollos Vilanova, S.L.

Expediente: DH.W36.107362.

Concello: Vilanova de Arousa.

Descrición das obras: execución dunha obra de paso sobre o rego da Rochela, no punto con coordenadas UTM: X= 516.703; Y= 4.710.999 (ETRS89 fuso 29N), para a construción dun acceso desde a estrada VG-4.3 ao parque comercial Freixeiro.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Vilanova de Arousa ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira núm. 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 19 de xuño de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur