DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, polo que se notifica a resolución correspondente ao recurso de alzada do expediente INC-CO-0009/2024-BIO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución correspondente ao recurso presentado en materia de xestión da biomasa.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Dirección Xeral de Defensa do Monte, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025

Manuel Rodríguez Vázquez
Director xeral de Defensa do Monte

ANEXO

Expediente: INC-CO-0009/2024-BIO.

Persoa interesada: 32404313G.

Acto de notificación: resolución recurso de alzada.