Número de depósito: 82000114.
Feitos:
O 20 de maio de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais da modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA, tras a súa aprobación no 12º Congreso Nacional Galego, celebrado o 16 de maio de 2025.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segunda. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceira. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará a resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, en que constarán a data de depósito e o número de depósito asignado.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.
As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
