DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 35913

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 28 de abril de 2025, publicouse a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinou o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 28 de abril de 2025 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e emitiuse o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.

O parágrafo segundo do artigo 12.1 da Orde do 8 de abril de 2025 dispón que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade o 16 de xuño de 2025, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI437A 2025).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI437A&ano=2025&numpub=1&lang=gl

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Lugo: 982 29 43 55), ou presencialmente.

Lugo, 17 de xuño de 2025

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2025)

Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 16 de xuño de 2025.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:

Nº de expediente

Entidade

NIF

Documentación requirida

SI437-2025-00000003-02

Arelas, Asociación de familias de infancia e mocidade trans de Galicia

34999541G

Anexo IV debidamente cuberto e asinado

SI437-2025-00000007-02

Amuraxe

G27212281

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI437-2025-00000008-02

Asociación de viudas Julia Minguillón

G27013697

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI437-2025-00000012-02

Asociación familiar de amas de casa de Ribadeo

G27013697

Anexo II debidamente cuberto e asinado