No Diario Oficial de Galicia número 80, do 28 de abril de 2025, publicouse a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 28 de abril de 2025 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, polo que se emite o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do artigo 12.1 da Orde do 8 de abril de 2025 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicará no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade o 16 de xuño de 2025, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI437A 2025).
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Terceiro. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento? codtram=SI437A&ano=2025&numpub=1&lang=gl
Cuarto. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (A Coruña: 881 88 12 54), ou presencialmente.
A Coruña, 17 de xuño de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2025)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 16 de xuño de 2025.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Núm. expte. |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI437A-2025-00000005-01 |
Asociación Mulleres Rurais de Santiso Amurusa |
G15901176 |
Anexo I e anexo IV: o importe da contía solicitada debe coincidir Deberase cubrir cos datos correspondentes |
|
SI437A-2025-00000006-01 |
Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao |
G15969868 |
Anexo III |
|
SI437A-2025-00000007-01 |
Asociación Profesional de Redeiras de Cariño |
G15889603 |
Anexo III |
|
SI437A-2025-00000008-01 |
Asociación Labregas |
G15945686 |
Anexo II debidamente asinado |
|
SI437A-2025-00000009-01 |
Asociación Puntodelas-Secretaria das Mulleres |
G70370119 |
Anexo II debidamente asinado |
|
SI437A-2025-00000010-01 |
Asociación de Mulleres Rurais Carballeira de Padrón |
G15870777 |
Anexo III |
|
SI437A-2025-00000011-01 |
Asociación Casa da Muller |
G70581517 |
Anexo II Debidamente cuberto e asinado Punto 1: deberase cubrir debidamente Punto 2: deberase cubrir debidamente Debidamente cuberto e asinado. Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.d) No cadro de tipoloxía da actuación deberá marcar soamente unha tipoloxía |
|
SI437A-2025-00000014-01 |
Acción Familiar Ferrol |
G15745466 |
Anexo I Na declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas só se indicarán as que se destinan ao mesmo proxecto ou conceptos para os cales se solicita esta subvención |
|
SI437A-2025-00000015-01 |
Asociación de Mulleres Rurais de Lestedo |
G15373590 |
Anexo II Debidamente cuberto e asinado Punto 1: deberase cubrir debidamente Deberase cubrir debidamente o cadro de «duración, continuidade e número de actuacións» |
|
SI437A-2025-00000018-01 |
Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia |
G70101647 |
Anexo II |
|
SI437A-2025-00000019-01 |
Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres Galegas do Rural Agra |
G15656762 |
Anexo II |
|
SI437A-2025-00000020-01 |
Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
Anexo I Deberase cubrir o importe do custo total da actuación Deberase aclarar se a axuda concedida pola Deputación Provincial da Coruña (FOAXE-C/2025) se destina ao mesmo proxecto ou conceptos para os que se solicita esta axuda. En caso afirmativo, anexo I debidamente cuberto na epígrafe relativa a outras axudas concedidas ou solicitadas |
|
SI437A-2025-00000022-01 |
Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión |
G70573514 |
Anexo I Na declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas só se indicarán as que se destinan ao mesmo proxecto ou conceptos para os cales se solicita esta subvención. Non se incluirá esta axuda. |
|
SI437A-2025-00000024-01 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
Anexo I Aclaración sobre se a axuda concedida pola Deputación Provincial da Coruña (FOIO0A/2025) se destina ao mesmo proxecto ou conceptos para os que se solicita esta axuda. En caso afirmativo, anexo I debidamente cuberto na epígrafe relativa a outras axudas concedidas ou solicitadas Anexo V Debidamente cuberto e asinado. Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.d) |
|
SI437A-2025-00000025-01 |
Asociación Visibles |
G70601570 |
Anexo I Aclaración sobre se a axuda concedida pola Deputación Provincial da Coruña (FOIO0A/2025) se destina ao mesmo proxecto ou conceptos para os que se solicita esta axuda. En caso afirmativo, Anexo I debidamente cuberto na epígrafe relativa a outras axudas concedidas ou solicitadas Debidamente cuberto e asinado. Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.d) |
|
SI437A-2025-00000026-01 |
Asociación de Mulleres Rurais O Areeiro |
G15429822 |
Emenda do requisito recollido no artigo 4.d): ter presentado a memoria de actividades relativa a, como mínimo, un dos últimos anos, desde o ano 2021 ao 2024, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) Punto 3: deberanse cubrir as columnas que correspondan Punto 2: deberase cubrir debidamente |
|
SI437A-2025-00000027-01 |
Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) |
G05324314 |
Anexo II Indica importe en cofinanciamento doutras administracións. Este dato non coincide co anexo I, en que se declara que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto ou conceptos. Deberase presentar correctamente cuberto o anexo que corresponda |
