DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2025/087-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios A2KLL2IX//D48-1 e A2MAGOGA//D48-2 da LMT TIB810.

Situación: Barro.

Características técnicas:

Substitución dos apoios A2KLL2IX//D48-1 e A2MAGOGA//D48-2 da LMT TIB810 por un apoio C-2000/12 e un C-1000/14, respectivamente.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor LA-56, de 147 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 e final no apoio existente A2NM4OLD//D48-3.

A instalación está situada en Porráns, na parroquia de San Breixo de Barro, no concello de Barro (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2025/087-4.

Denominación: substitución dos apoios A2KLL2IX//D48-1 e A2MAGOGA//D48-2 da LMT TIB810.

Concello: Barro.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoios

m2

1

Redomuíño

Rústico

36002B509014020000OD

Hrdos. Carmen Villaverde Ruibal

1 e 2

4,00