DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2025/072-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS e novo CT Busto.

– Situación: Lalín.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, de 27 metros de lonxitude, con orixe na liña de media tensión aérea (LMTA) LAL803, mediante un paso aerosubterráneo proxectado no apoio existente AQQKW85P//304, e final no novo centro de transformación proxectado Busto.

Centro de transformación en caseta prefabricada a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36024A191000580000BD.

Retirada do centro de transformación intemperie Busto e de 196 metros da súa liña de media tensión aérea de acometida.

A instalación está situada en Busto, no concello de Lalín (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria
(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2025/072-4.

Denominación: LMTS e novo CT Busto.

Concello: Lalín.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT

(m2)

Afeccións (servidume)

ml sub.

m2 sub.

1

Carril

Rústico

36024A191000580000BD

Celia Mato Sanmartín

14,96

11,00

11,94