Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: soterramento LMT LOZ807B, CT Chan do Monte, CT Mogor e reforma CT O Outeiro (36CVM0).
– Situación: Marín.
– Caraterísticas técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en sete actuacións:
• 55 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación 1 (CT-1) proxectado e final no empalme proxectado para enlace coa LMTS á subestación de Lourizán.
• 59 metros de lonxitude, con orixe no CT-1 proxectado e final no paso aéreo proxectado para enlace coa LMT ao centro de transformación 36PL98.
• 446 metros de lonxitude, con orixe no CT-1 proxectado e final no centro de transformación 2 (CT-2) proxectado.
• 9 metros de lonxitude, con orixe no CT-2 proxectado e final no empalme proxectado para enlace coa LMTS ao centro de transformación 36CKC5.
• 189 metros de lonxitude, con orixe no CT-2 proxectado e final no paso aéreo proxectado no apoio proxectado C-2000/14 para enlace coa LMTA ao centro de transformación 36AL97.
• 755 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación 3 (CT-3) proxectado (reforma do centro de transformación O Outeiro 36CVM0) e final no centro de transformación 36CDA9.
• 343 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación 36CDA9 e final no empalme proxectado na LMTS ao centro de transformación 36CL95.
Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14 (90 metros de condutor LA-30).
Centro de transformación 1 (CT-1), a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado en Chan do Monte, na parcela con referencia catastral 36026A003006010000LO.
Centro de transformación 2 (CT-2), a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado en Mogor, na parcela con referencia catastral 3531010NG2933S0001SW.
Centro de transformación 3 (CT-3), reforma do centro de transformación O Outeiro 36CVM0, a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V situado no lugar do Outeiro.
As instalacións están situadas en Chan do Monte, Mogor e A Porteliña, na parroquia de Mogor, no concello de Marín (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria
(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 6 de xuño de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2025/092-4.
Denominación: soterramento LMT LOZ807B, CT Chan do Monte, CT Mogor e reforma CT O Outeiro (36CVM0).
Concello: Marín.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio PR-1 (m2) |
Afeccións (servidume) |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Coviña |
Rústico |
36026A002003630000LP |
Descoñecido/a |
2,00 |
2,00 |
6,00 |
