DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT e CT A Carballa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT A Carballa, do predio que se detalla no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A persoa interesada poderá presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 12 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/035-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT e CT A Carballa.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36900A054003720000QZ

Descoñecido/a