DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/11-1, no concello de Santiago de Compostela.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Porto de Conxo e anexo 1, no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/11-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 13 de xuño de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/11-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Porto de Conxo e anexo 1.

Concello: Santiago de Compostela.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Porto Sisto

15079A221003930000PE

María Josefa Puente Sánchez

9.6.2025