DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 27 de xuño de 2025 Páx. 36073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Cualedro (expediente IN407A 2024/87-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VII810 no treito entre apoios núm. 126-5 e núm. 126-13, situada no concello de Cualedro.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 13 de xuño de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/87-3.

Denominación: Regulamentación LMTA VLL813 no treito entre apoios núm. 126-5 e núm. 126-13.

Concello: Cualedro.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito previo

1

Auga Tallada

32029A503001640000HE

Herdeiros de Antonio Rodríguez Atanes

6 de xuño de 2025

2

Ventoso

32029A198000730000EG

CMVMC de Cualedro

6 de xuño de 2025

4

As Vesadas

32029A225001880000SF

Herdeiros de Benjamín Paz Loureiro

6 de xuño de 2025

5

O Penedo

32029A225001430000SH

Silverio González Atanes

6 de xuño de 2025

6

A Costa

32029A240006740000SQ

Caridad Barreira Atanes

6 de xuño de 2025