A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do 30 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«19. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Ribeira sobre a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística.
1º. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Ribeira en relación coa seguinte materia:
Inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística e pola realización das actividades administrativas de control nos supostos en que a exixencia de licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, e a recadación voluntaria e executiva das liquidacións derivadas das actuacións inspectoras.
2º. A delegación entrará en vigor unha vez que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
A Coruña, 6 de xuño de 2025
|
O presidente da Deputación Provincial da Coruña P.D. (Resolución número 32898, do 29.8.2023) José Ramón Rioboo Castro Deputado da Deputación Provincial da Coruña |
Miguel Iglesias Martínez Secretario xeral da Deputación Provincial da Coruña |
