A corporación municipal en pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria do día 26 de maio de 2025, en relación co expediente núm. 3783/2025, adoptou, pola maioría absoluta dos seus membros de dereito, o acordo cuxa parte dispositiva se transcribe:
Único. Modificar a porcentaxe de reserva de solo para vivenda protexida co fin de axustala á Resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo do 25 de marzo de 2025 e, con esta finalidade, fixar a porcentaxe de reserva de solo para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública aplicable no Concello de Sanxenxo no 8,10 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado sometido a procesos de urbanización, de reforma interior ou de renovación urbana.
Sanxenxo, 2 de xuño de 2025
Paula Martínez Santos
Alcaldesa accidental
