O artigo 90 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG), establece que o concurso ordinario é o procedemento xeral de provisión dos postos de traballo que non teñan establecida outra forma de provisión na relación de postos de traballo, no que se terán en conta unicamente os méritos e capacidades e, de ser o caso, as aptitudes exixidas para o desempeño do posto.
Ao existiren na relación de postos de traballo (RPT) vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, a Xerencia, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril), resolve convocar concurso ordinario para a provisión dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta resolución.
Bases da convocatoria
Primeira. Normas xerais
Para o non recollido nesta convocatoria aplicaranse a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e o Regulamento de mobilidade do persoal funcionario de administración e servizos da USC, aprobado no Consello de Goberno do día 30 de outubro de 2020 e modificado no Consello de Goberno dos días 28 de decembro de 2022 e 11 de outubro de 2023.
Segunda. Requisitos e condicións de participación
2.1. Poderá participar neste concurso o persoal funcionario de carreira que se relaciona a continuación sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos para o desempeño dos postos que se indican no anexo I, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión:
a) O persoal funcionario de carreira das escalas propias da Universidade de Santiago de Compostela.
b) Igualmente, poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos ou escalas doutras administracións públicas con destino definitivo na USC.
c) Persoal funcionario de carreira doutras universidades.
2.2. Os/as concursantes deberán posuír unha antigüidade mínima de dous (2) anos como persoal funcionario de carreira e levar un mínimo de dous (2) anos no último posto de traballo obtido por concurso.
2.3. Estará obrigado a participar no concurso, solicitando polo menos todos os postos que se oferten no campus en que presten servizos, o persoal funcionario que reúna os requisitos dos postos establecidos na RPT, no cal se dea algún dos seguintes supostos:
a) O persoal que teña atribuído un posto de traballo mediante adscrición provisional.
b) O persoal funcionario de carreira que por motivos de saúde ou rehabilitación estea adscrito a un posto en distinta localidade daquela en que teña o seu destino definitivo deberá solicitar todos os postos que sexan axeitados e que estean situados na mesma localidade do posto a que figure adscrito provisionalmente.
c) O persoal que superou un proceso selectivo de promoción interna e non ocupe con carácter definitivo un posto correspondente ao seu subgrupo.
2.4. O persoal que non pertenza ao Sistema universitario galego (SUG) deberá estar en posesión do certificado de coñecemento de lingua galega Celga 4 ou equivalente.
2.5. O incumprimento da obriga de concursar determinará a declaración de excedencia voluntaria por interese particular.
2.6. Todos os requisitos e méritos estarán referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Terceira. Postos
3.1. Para acceder a calquera posto, as persoas que concursan deberán reunir os requisitos establecidos no anexo I.
3.2. Poderán solicitarse por orde de preferencia os postos de traballo que figuran no anexo I sempre que o nivel do posto ofertado estea incluído nos intervalos de niveis correspondentes ao subgrupo en que figure clasificado o corpo ou escala do/da concursante.
Cuarta. Solicitudes e documentación que debe acompañalas
4.1. A solicitude para participar neste concurso realizarase unicamente por medios electrónicos empregando o seguinte formulario da sede electrónica:
https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/172/ver.htm
Para a presentación de solicitudes empregaranse os seguintes medios de identificación:
– No caso de persoal da USC: credenciais corporativas.
– No caso de persoal alleo á USC: certificados persoais clase 2CA, certificados incluídos no DNI electrónico ou claves concertadas do sistema Cl@ave.
4.2. O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
4.3. O persoal que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá solicitar a adaptación dos postos a que opte, para o que deberá cubrir as epígrafes correspondentes do formulario e xuntar un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teñan atribuídas os postos solicitados.
4.4. Poderanse condicionar as peticións de dous concursantes por razón de convivencia familiar ao feito de obteren os dous destino neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non acadase destino, quedará anulada tamén a solicitude do outro. As persoas que se acollan a esta petición condicionada deberán achegar coa solicitude un documento oficial xustificativo da convivencia familiar e copia da petición da outra persoa solicitante.
4.5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro electrónico da USC e na páxina web da Subárea de Planificación de PAS https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os postos a que optan.
As persoas concursantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para poder emendar os defectos que motivaron esa exclusión ou a omisión.
Os/as concursantes que presten servizos na USC recibirán unha notificación cunha ligazón para acceder ao seu expediente persoal e verificar que os datos que nel se conteñen son os correctos. Para emendar calquera erro ou omisión disporán de dous (2) días hábiles.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, publicarase a lista definitiva.
4.6. Transcorrido o prazo de presentación, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o/a peticionario/a. Non obstante, as persoas interesadas poderán desistir da súa solicitude, así como renunciar ao destino adxudicado, se con anterioridade á toma de posesión acadasen outro destino mediante convocatoria pública.
Quinta. Acreditación de méritos
5.1. Os/as concursantes deberán ter actualizados os seus expedientes persoais no prazo de presentación de solicitudes, tendo en conta que a documentación que se incorpore con posterioridade non será obxecto de valoración.
5.2. A Xerencia, de oficio, engadiralle á solicitude presentada os datos que figuren nos expedientes das persoas solicitantes.
5.3. As persoas aspirantes que non pertenzan á USC deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación acreditativa dos méritos alegados. Non se concederá ningún prazo adicional para a súa presentación.
Sexta. Baremo
a) Baremo xeral: 60 puntos.
1. Experiencia profesional: 30 puntos.
1.1. Traballo desenvolvido: máximo 24 puntos.
Valorarase cada ano completo ou o mes como fracción mínima, segundo o nivel do posto establecido na seguinte táboa.
|
Nivel do posto |
Puntos/ano |
Nivel do posto |
Puntos/ano |
|
Ata o nivel 14 |
0,22 |
23 |
0,85 |
|
15 |
0,29 |
24 |
0,92 |
|
16 |
0,36 |
25 |
0,99 |
|
17 |
0,43 |
26 |
1,06 |
|
18 |
0,50 |
27 |
1,13 |
|
19 |
0,57 |
28 |
1,20 |
|
20 |
0,64 |
29 |
1,27 |
|
21 |
0,71 |
30 |
1,34 |
|
22 |
0,78 |
O tempo de servizos prestados en universidades públicas valorarase de acordo co seguinte:
– Funcionario/a interino/a: polo nivel mínimo da escala.
– Persoal laboral contratado nunha categoría do convenio colectivo de persoal de administración e servizos, que nese momento tivese unha escala equivalente para o persoal funcionario: computarase como se fosen prestados nun posto do nivel mínimo desa escala.
– Outros servizos: tanto aos prestados como interino/a, en postos de nivel inferior ao 15, como de laboral que non tivese a equivalencia antes referida, aplicaráselles o valor que figura na táboa como «ata o nivel 14».
• O traballo desenvolto en comisión de servizos computarase polo nivel do posto que se ocupa con carácter definitivo.
• O tempo en adscrición provisional valorarase segundo o nivel do posto que se ocupe nesa situación.
• Os servizos prestados polo persoal destinado nun posto adscrito a unha escala inferior á que pertenzan valoraránselles polo nivel mínimo correspondente á súa escala.
• Os servizos prestados noutras administracións que non sexan universidades públicas valoraranse segundo o nivel do posto acreditado, aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 50 %. De non constar o nivel do posto desenvolvido, considerarase o nivel mínimo do subgrupo a que pertence.
1.2. Grao: máximo 6 puntos.
De non ter grao consolidado ou se fose inferior ao mínimo da escala á que pertenza o/a funcionario/a, outorgarase a puntuación que corresponda ao nivel mínimo da escala.
|
Grao |
Puntos |
Grao |
Puntos |
|
15 ou inferior |
0,20 |
23 |
3,20 |
|
16 |
0,40 |
24 |
3,60 |
|
17 |
0,80 |
25 |
4 |
|
18 |
1,20 |
26 |
4,40 |
|
19 |
1,60 |
27 |
4,80 |
|
20 |
2 |
28 |
5,20 |
|
21 |
2,40 |
29 |
5,60 |
|
22 |
2,80 |
30 |
6 |
2. Formación: total 20 puntos.
2.1. Titulación: máximo 2 puntos.
|
Titulación |
Puntos |
|
ESO/Graduado escolar |
0,25 |
|
Bacharelato/Ciclo medio de FP |
0,75 |
|
Técnico superior |
1,00 |
|
Diplomatura |
1,25 |
|
Graduado/a universitario/a |
1,50 |
|
Licenciatura |
1,60 |
|
Doutoramento |
2,00 |
|
Mestrado oficial* |
+0,25* |
*Os mestrados oficiais valoraranse con 0,25 puntos adicionais á titulación que se teña acreditada. Unicamente se puntuará un mestrado oficial.
• As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo ministerio e, para seren valoradas, a persoa interesada deberá citar a disposición en que se establece e o BOE en que se publica.
• Puntuará o máximo nivel da titulación oficial alcanzada. Unicamente puntuará unha titulación oficial.
• As titulacións estranxeiras só se valorarán se están homologadas no Estado español polo órgano competente.
• A especificidade e contido das titulacións, así como outras titulacións oficiais, puntuaranse, cando proceda, na epígrafe de currículo do baremo específico.
2.2. Lingua galega: máximo 2 puntos.
Só se valorará a acreditación ou curso de nivel máis alto:
|
Nivel |
Puntos |
|
Celga 5 |
2 |
|
Celga 4 ou curso de perfeccionamento |
1,50 |
|
Celga 3 ou curso de iniciación |
0,50 |
2.3. Linguas estranxeiras: máximo 2 puntos.
Os niveis de lingua sinalados corresponden aos fixados no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).
O coñecemento de cada lingua oficial na Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase segundo a seguinte táboa:
|
Nivel |
Puntos |
|
C2 |
1 |
|
C1 |
0,83 |
|
B2 |
0,66 |
|
B1 |
0,49 |
|
A2 |
0,32 |
|
A1 |
0,15 |
• Só se valorará o nivel máis alto dun mesmo idioma.
• O coñecemento de idiomas acreditarase por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou homologados. As equivalencias terán que ser achegadas polos/as interesados/as para que se poidan valorar nesta epígrafe.
• O coñecemento dunha lingua que non sexa oficial na UE valorarase, segundo o nivel acreditado, coa metade dos puntos da táboa anterior.
2.4. Cursos de formación: máximo 14 puntos.
Só se puntuarán os niveis máis altos dos cursos recibidos e unha única edición do mesmo curso impartido.
|
Valoración |
Asistencia |
Aproveitamento |
|
Por hora certificada |
0,01 hora |
0,02 hora |
|
Sen horas certificadas, polo total do curso |
0,1 curso |
0,2 curso |
• Valoraranse nesta epígrafe:
– Os cursos de formación, sempre que sexan de formación administrativa ou teñan relación coas funcións propias dos postos convocados. Deberán ser impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais.
– Aqueles cursos de galego cando versen sobre cuestións relativas ao seu uso na Administración pública ou específicos de bibliotecas e arquivos, de ser o caso.
– Os cursos de idiomas aprobados e impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais, que non teñan o recoñecemento dos niveis que figuran na epígrafe 2.3, valoraranse con 0,2 puntos.
– Os cursos de perfeccionamento ou nivel avanzado que sexan continuación dun de iniciación.
– Ao profesorado que imparta cursos outorgaráselle a mesma puntuación que aos asistentes.
• Non se valorarán:
– Os cursos destinados a adquirir os niveis que se valoran na epígrafe 2.2.
– Os cursos con contidos incluídos implícita ou explicitamente noutros xa valorados, os que forman parte de preparación de procesos selectivos, os de acollida e os que pertenzan a planos de estudos regrados.
– Máis dunha edición do mesmo curso. Cando unha persoa acredite a realización de dous cursos e un deles sexa de reciclaxe ou actualización doutro (por cambios nas versións de software, por cambios na normativa de referencia...), só se valorará un dos cursos, o que outorgue maior puntuación.
– A asistencia a xornadas, seminarios, congresos, reunións, etc. que non teñan carácter de cursos de formación administrativa ou curso de formación de bibliotecas e arquivos de carácter xeral.
– Os mesmos cursos como impartidos e recibidos.
3. Grupo: total 10 puntos.
A pertenza ao grupo valorarase segundo a seguinte táboa:
|
Grupo/subgrupo |
Puntos |
|
A1 |
10 |
|
A2 |
7 |
|
B |
5,5 |
|
C1 |
4 |
|
C2 |
1 |
Sétima. Comisión
7.1. A valoración de méritos correspondentes realizaraa a Comisión Permanente de Valoración de Méritos (CPVM) https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM, de conformidade co establecido no Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos aprobado no Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020 e modificado no Consello de Goberno do 28 de decembro de 2022 e 11 de outubro de 2023.
7.2. A Comisión poderá solicitar do órgano convocante a designación de persoas expertas que, na súa calidade de asesoras, actuarán con voz pero sen voto. Axustaranse no seu funcionamento aos principios de imparcialidade e obxectividade, e polo disposto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
7.3. A Comisión posúe a categoría primeira, de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo aprobado no Consello de Goberno da USC do 29 de decembro de 2020.
Oitava. Publicación das propostas e reclamacións
8.1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo que se especifica na base sexta.
8.2. Os empates nas puntuacións resolveranse aplicando, por esta orde, os seguintes criterios: pertenza ao subgrupo superior, traballo desenvolvido e maior tempo de servizos efectivos prestados.
8.3. Finalizado o proceso de valoración de méritos, a CPVM publicará no taboleiro electrónico da USC e na páxina web da Subárea de Planificación de PAS https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/provision/funcionario/CM a puntuación provisional acompañada da proposta de adxudicación con indicación dos códigos dos postos.
8.4. Contra esta puntuación provisoria, as persoas concursantes poderán presentar reclamación perante a CPVM a través do rexistro de entrada da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico.
8.5. A admisión a trámite das reclamacións presentadas suspenderá os nomeamentos propostos ata a súa resolución.
8.6. Rematado o prazo de reclamacións sen terse presentado ningunha, ou unha vez que se resolvesen, a CPVM elevaralle a proposta definitiva de adxudicación de postos á Xerencia. A proposta definitiva deberá recaer sobre a persoa candidata que obtivese maior puntuación final.
Novena. Resolución do concurso e adxudicación de postos de traballo
9.1. As propostas definitivas que realice a CPVM terán carácter vinculante e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás a excepción recollida no punto 4.6.
9.2. Se, rematado o procedemento de provisión, o persoal funcionario a que se refiren os puntos 2.3.a) e 2.3.c) non obtivese posto, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado/a, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza o/a funcionario/a.
9.3. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización por ningún concepto.
9.4 A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Décima. Toma de posesión
O prazo posesorio comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia.
Décimo primeira. Disposición derradeira
Esta convocatoria e os actos administrativos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Vacantes
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PF000842 |
Técnico superior de administración/Técnico de xestión Oficina de Proxección Internacional |
23 |
A1/A2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel C1 de inglés do MCER. Mérito: nivel B2 ou superior dos idiomas do MCER, de conformidade co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro A1 nivel 23/A2 nivel 21 Nivel 23 CE: 15.109,08/Nivel 21 CE: 11.393,14 |
|
PF000299 |
Xefatura de Negociado administración Burgo das Nacións Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
C1 nivel 22/C2 nivel 20 |
|
PF000087 |
Xefatura da Subdivisión de Expedientes Campus Sur Unidade de Xestión Académica Campus Sur |
22 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Compostela |
Subgrupos: A1/A2/C1/A1 nivel 23 |
|
PF000091 |
Xefatura da Subdivisión de Relación cos Centros Campus de Lugo Unidade de Xestión Académica Campus de Lugo |
22 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Lugo |
Subgrupos: A1/A2/C1/A1 nivel 23 |
|
PF000127 |
Responsable asuntos económicos Unidade de Asuntos Económicos Facultade de Física |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Comparte Facultade de Óptica e Optometría/C1 nivel 22/C2 nivel 20 |
|
PF000129 |
Responsable asuntos económicos Unidade de Asuntos Económicos Facultade de Medicina e Odontoloxía |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
C1 nivel 22/C2 nivel 20 |
|
PF000130 |
Responsable asuntos económicos Unidade de Asuntos Económicos Facultade de Química |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
C1 nivel 22/C2 nivel 20 |
|
PF000247 |
Xefatura de Negociado Negociado Instituto Lingua Galega (ILG) |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
C1 nivel 22/C2 nivel 20 |
|
PF000128 |
Responsable asuntos económicos Unidade de Asuntos Económicos Facultade de Matemáticas |
22 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
C1 nivel 22/C2 nivel 20 Vacante en 13.7.2025 |
|
PF000239 |
Xefatura de Negociado Arquitectura, Urbanismo e Operación de Infraestruturas. Área de Arquitectura e Urbanismo |
20 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Comparte Área Operación de Infraestruturas |
|
PF000241 |
Xefatura de Negociado de Odontoloxía Facultade de Medicina e Odontoloxía |
20 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000251 |
Xefatura de Negociado de Selección Subárea de Planificación de PAS |
20 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000314 |
Secretaría de decanato Decanato da Facultade de Psicoloxía |
19 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Vacante en 15.8.2025 |
|
PF000306 |
Secretaría de decanato Decanato da Facultade de Ciencias da Educación |
19 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000294 |
Secretaría de decanato Decanato da Facultade de Formación do Profesorado |
19 |
C1/C2 |
Mañá |
Lugo |
|
|
PF000352 |
Responsable administrativo Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Psicoloxía |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación Vacante en 13.8.2025 |
|
PF000342 |
Responsable administrativo Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Bioloxía |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000355 |
Responsable administrativo Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Pedagoxía e Didáctica |
|
PF000380 |
Responsable administrativo Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000381 |
Responsable administrativo Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Medicina e Odontoloxía |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000757 |
Posto base Servicio de Xestión Académica |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000964 |
Posto base Oficina de Proxección Internacional |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
