DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de maio de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa no porto de Campelo para a ocupación de superficie do dominio público portuario con destino á instalación de estrutura desmontable para bar-cafetaría (expediente 13-15-25-C1).

Sonia María Outón Mora solicita a concesión administrativa no porto de Campelo para a ocupación de superficie do dominio público portuario con destino á instalación de estrutura desmontable para bar-cafetaría.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de maio de 2025

Iban Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia