No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 229/2025 (procedemento abreviado), interposto por Jéssica Maneiro González contra a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición presentado fronte á Resolución do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das lisas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 124, do 27 de xuño).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
