DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico/a da Administración xeral por oposición libre.

Mediante a Resolución 1386/2025, do 21 de maio, do Concello de Arteixo (A Coruña), establecéronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo dunha praza de técnico/a da Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 99, do 27 de maio de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade, como persoal funcionario de carreira, dunha praza de técnico/a da Administración xeral, incluída na OEP de 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 27 de maio de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente