O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión do 18 de xuño de 2025, aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo da sociedade, para as categorías de axente de aparcadoiro, axente de estación, axente de depósito e controlador/a.
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, na epígrafe convocatorias.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)
