DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36555

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

ANUNCIO da convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal da categoría de operador de guindastre.

O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión do 18 de xuño de 2025, aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal da categoría de operador de guindastre, dentro do grupo operativo da sociedade.

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, na epígrafe convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)