José Manuel Toja Pérez, veciño do lugar do Sexo, concello de Agolada (Pontevedra), actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Auga de O Sexo, por medio deste anuncio convoca a asemblea xeral a todos os usuarios de augas. A asemblea terá lugar no local social do Sexo o día 19 de xullo de 2025, ás 12.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
2. Rogos e preguntas.
Agolada, 5 de xuño de 2025
José Manuel Toja Pérez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Auga de O Sexo
