DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36553

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Ana Barciela Soto, con DNI ***4668**, actuando como presidenta da Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 2 de agosto de 2025 na Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán (Vigo-Pontevedra), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Modificación ou ratificación da Xunta Directiva.

2. Adecuación dos estatutos á concesión.

Vigo, 4 de xuño de 2025

Ana Barciela Soto
Presidenta da Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira