Prazas: (6) técnicos de proxecto Quantum Spain (referencias: QUANTUMSPAIN-25-TP1_TP2_TP3_TP4_TP5_TP6).
Proxecto que se desenvolverá: Quantum Spain, no marco da Axenda España Dixital 2025 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, de conformidade co disposto no Real decreto 936/2021, do 26 de outubro.
Modalidade contractual: contratos temporais de duración determinada, a xornada completa, regulados polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.
As bases que rexerán este proceso selectivo estarán expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web:
https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia dos procesos selectivos se farán públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
